Grazas a tod@s.

Vémonos na

maré 2021

A primeira maré compostelana foi unha edición condicionada pola Covid-19, diferente ao tempo que emocionante, na que descubrimos a Toty Sa´Med, admiramos a Ugia Pedreira, innovamos con LaBaq, Nacho-Faia-LAR e Bifannah, e gozamos con António Zambujo, Miguel Araújo, Sabela, Faia e Uxía. En 2021 volverá subir a maré en Compostela.

CULTURAS 360º, festival de festivais

18 artistas – 9 países – 2 días

Dispoñible en Youtube!

#marédía24

#marédía25

#marédía26

un acontecemento cultural, artístico, social
e profesional que xorde como evolución dos 15 anos de Cantos na Maré

neste atípico ano 2020, que se revela como un punto de inflexión cara un mundo diferente, maré emerxeu en Compostela co espírito de sumar e compartir os valores e o talento dos territorios de fala galego-portuguesa, convertidos agora nun océano aínda máis amplo onde desembocan ríos e afluentes con novas correntes tan imprescindibles coma imparables.

maré arribou a Compostela para convertela nun nodo principal de conexións entre Galicia, as culturas atlánticas e as ligadas aos itinerarios culturais europeos dos que formamos parte. maré reforzou na edición de 2020 a súa dimensión estratéxica, ampliou e renovou os seus obxectivos e subliñou a importancia da lingua compartida cos países da comunidade lusófona, especialmente na vertente económica.

os ríos que enchen esta maré

Ver máis

maréfest

moito máis ca unha suma de concertos: novos talentos, novos públicos, colaboración, hibridación, internacionalización artística…

cantosnamaré

tras unha travesía de 15 anos en Pontevedra, medra e evoluciona como único espazo de encontro entre artistas da lusofonía e máis alá…

marélab

espazo para a innovación, as ideas, a tecnoloxía, o coñecemento e a experimentación como recursos ao servizo da economía creativa e a cultura

marénet

foro de aprendizaxe para intercambiar experiencias e posicionar Compostela como referente dos negocios das industrias creativas e musicais

cinemaré

programación de cinema que achegará a Compostela creacións inspiradoras procedentes das culturas atlánticas

gastromaré

encontro entre chefs e música para viaxar, experimentar e descubrir os produtos e as cociñas dos territorios da maré

marétv

sección audiovisual para seguir a historia de maré desde calquera lugar do mundo a través da plataforma Tolemias

aRi[t]mar

colaboración con vontade de futuro para integrar os Premios da música e a poesía galego-portuguesa nun acontecemento de alcance global

actualidade da maré

Os quintos premios aRi[t]mar reivindican desde Santiago “a irmandade lingüística e cultural” entre Galicia e Portugal

| Novas | No Comments
Os poetas Carlos da Aira e Raquel Lima e os músicos António Zambujo e Sabela…

Uxía e Vítor Belho, no ZigZag Diario da TVG

| Novas | No Comments
O organizador do festival maré, Vítor Belho, e a directora artística da Gala cantosnamaré, Uxía,…

aRi[t]mar premia a música de António Zambujo e Sabela e a poesía de Raquel Lima e Carlos Da Aira

| Novas | No Comments
A ex directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e antiga ministra…

Como valoras a maré 2020?

Organizan:

Patrocinan:

Apoian:

Colaboran: