De aRi[t]mar a aRi[t]mar-é

aRi[t]mar Galiza e Portugal é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

A EOI traballa ao longo do ano lectivo os textos e as músicas co alumnado e mediante votación on line escóllense as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior. O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego, mellor tema musical portugués, mellor poema galego e mellor poema portugués.

Ata 2019, en cada trimestre final do ano celebrouse unha Gala de premios con actuacións e intervencións dos e das galardoadas. A partir deste 2020 aRi[t]mar desemboca tamén nesta gran maré, sumando a súa traxectoria e experiencia a un proxecto global que encaixa coa súa visión, misión e valores.

aRi[t]mar Galiza e Portugal e Cantos na Maré faz parte da Rede da GaliLusofonia, “com os objetivos de juntar esforços, coordenar-se e cooperar na difusão de iniciativas encaminhadas a fomentar a nossa língua e cultura comuns no seu espaço natural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional”.

Carlos da Aira
Raquel Lima
António Zambujo
Sabela
Georgina Benrós de Mello

.

Poesías gañadoras (Galiza)

  • Gañadora: O CORAZÓN. María do Cebreiro, O deserto
  • 2º posto: ENGANO. Baia Fernández de la Torre, Unha viaxe de ruminantes
  • 3º posto: DEZASEIS. María Lado, Oso, mamá, si? _Portugal

Poesías gañadoras (Portugal)

  • Gañadora: O SEI, MINHA FILHA… José Ricardo Nunes, Andar a par
  • 2º posto: EVA E LILITH. Nuno Júdice, Convergência dos ventos
  • 3º posto: O SEI COMO DIZER, E TODAVIA. Ana Luísa Amaral, E todavia

sicas gañadoras (Galiza)

  • Gañadora: CANTIGA DA MONTAÑA. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
  • 2º posto: SOA. Coanhadeira
  • 3º posto: COMO EU CANTO. Ses _Portugal

sicas gañadoras (Portugal)

  • Gañadora: MEDUSA. Capicua
  • 2º posto: IRMÃO DE SANGUE. Luísa Sobral
  • 3º posto: INSULAR. Aline Frazão

.

Poesías gañadoras (Galiza)

  • Gañadora: TERRADENTRO. Paco Souto, e Caín, Laiovento
  • 2º posto: PARQUE. Rosalía Fernández Rial, Contra-acción, Neopatria
  • 3º posto: PARIR UN LUGAR. Olalla Tuñas, No seu despregar. Antoloxía, Apiario

Poesías gañadoras (Portugal)

  • Gañadora: FUI A BRUGES ESQUECER UM AMOR Pedro Craveiro, Avenida Sul
  • 2º posto: TRAGAM-ME UM HOMEM QUE ME LEVANTE COM OS OLHOS. Cláudia R. Sampaio, Ver no Escuro, Tinta da Chin
  • 3º posto: PENSO EM TI. Alexandra Santos, Antologia de Poesia Contemporânea “Entre o Sono e o Sonho”, Vol. VII, Chiado Editora

sicas gañadoras (Galiza)

  • Gañadora: A PAZ ESQUIVA. SES, Opoñerse á extinción, Folmúsica
  • 2º posto: CHOVE EN GALIZA. Poetarras
  • 3º posto: ECUACIÓNS. Ses

Músicas gañadoras (Portugal)

  • Gañadora: FAZ BEM FALAR DE AMOR. Quinta do Bill, Todas as estações, Contos da Praça
  • 2º posto: CORZINHA DE VERÃO. Deolinda, Outras histórias, Universal Music Portugal
  • 3º posto: MEU AMOR DE LONGE. Raquel Tavares, Raquel, Son

Premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

  • FRAN PÉREZ, NARF

.

Poesías gañadoras (Galiza)

  • Gañadora: BLUES DO REI BERGMAN = B.B. KING. Lois Pérez
  • 2º posto: ARRÓSTRASME ÍTACAS. Eli Ríos
  • 3º posto: TIRA A ROUPA. Marta da Costa

Poesías gañadoras (Portugal)

  • Gañadora: COM O RITMO DA CHUVA. José Ricardo Nunes, Andar a par
  • 2º posto: SOU MULHER DE VESTÍGIOS FÁCEIS E DIGNOS. Cláudia R. Sampaio
  • 3º posto: APRENDIZAGENS. Ana Luísa Amaral

sicas gañadoras (Galiza)

  • Gañadora: BAILANDO AS RÚAS. A banda da Loba
  • 2º posto: A MODIÑO. De Vacas
  • 3º posto: CASANDRA. MJ Pérez

Músicas gañadoras (Portugal)

  • Gañadora: AMAR PELOS DOIS. Salvador e Luísa Sobral
  • 2º posto: SE ME DEIXASSES. Tiago Bettencourt
  • 3º posto: LEVE COMO UMA PENA. Ana Bacalhau

Premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

  • CONVERGÊNCIAS PORTUGAL GALIZA

.

sicas gañadoras

  • Galiza: Que non mo neguen. TANXUGUEIRAS
  • Portugal: Efeito do Observador. OS AZEITONAS

As segundas máis votadas:

  • Fronteiras. GUADI GALEGO, Gz.
  • Quem me dera. MARIZA, Pt.

As terceiras máis votadas:

  • Cultura Crítica. NAO, Gz.
  • Sem Palavras. ANTÓNIO ZAMBUJO, Pt.

 

Poesías gañadoras

  • Galiza: E isso é o amor. SUSANA ARÍNS
  • Portugal: Fachada. MARTA CHAVES

As segundas máis votadas:

  • Lista da compra da viúva. EMMA PEDREIRA, Gz.
  • É com palavras que te vou guardar. ALICE VIEIRA, Pt.

As terceiras máis votadas:

  • Polinizándome. ANDREA NUNES E MARÍA ROSENDO, Gz.
  • Nómadas. JOSÉ LUÍS BARRETO GUIMARÃES, Pt.

Premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona

  • UXÍA SENLLE

.

Os gañadores do aRi[t]mar-é nesta edición 2020 na categoría de poesía son o galego Carlos da Aira, polo poema Prender os fachos, compoñer os ósos (Espiral Maior, 2019), e a portuguesa Raquel Lima, por Liberdade mais cruel (Ingenuidade Inocência Ignorância, Animal Sentimental e BOCA – palavras que alimentam, Lda, 2019).

As seguintes clasificadas foron Tamara Andrés (Galiza) por No medio desta paisaxe, e Filipa Leal (Portugal), por Projecto político 3: El Corte Inglés e, en terceiro lugar, Olga Novo (Galiza), por Síndrome de Stendhal e José Manuel Neves (Portugal) con E se fosse proibido abraçar.

As gañadoras polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2019 son, respectivamente, Sabela, con Despedida e António Zambujo, con Catavento da Sé.

Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron os de Guadi Galego (GZ) por Balada de verán e Miguel Araújo (PT) con Talvez se Eu Dançasse; e os terceiros Baiuca (GZ) por Fisterra, e Isaura (PT) con Uma Frase Não Faz a Canção.

Os poemas gañadores serán interpretados polos seus autores na Gala aRi[t]mar-é que se celebrará o 26 de setembro ás 12:30 h no Hotel NH, xunto coas cancións premiadas de Sabela e António Zambujo.

Nesta edición, o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona foi para Georgina Benrós De Mello, ex directora-xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) e antiga Ministra de Comercio e Turismo de Cabo Verde. Foi unha decidida impulsora da incorporación da Galiza á CPLP.