Tradicional / Vangarda / Experimental
- Faia Díaz, voz
- Nacho Muñoz, piano e electrónica
- Lar Legido, batería
Tres referentes da vangarda musical galega xúntanse neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso. A especial mirada artística da cantante Faia Díaz sobre unha selecta escolla de temas do artista portugués cobra una dimensión contemporánea e transgresora xunto á experimentación electrónica do recoñecido músico vigués Nacho Muñoz e a batería do investigador sonoro Lar Legido. Un diálogo musical transfronteirizo que vai mais alá do espazo-tempo.