Miguel Araújo

Naceu en Maia, moi pertiño da cidade do Porto, e é un dos maiores expoñentes da canción de autor en Portugal, onde é considerado un discípulo de Ruí Veloso. Araújo é multiinstrumentista e un mago das cancións, sabe mesturar letra e música cunha rara habilidade onde non falta a ironía, o humor e o amor ás súas orixes. Foi líder da banda Os Azeitonas que, curiosamente, gañaron o ano pasado o certame aRi[t]mar na categoría de mellor canción portuguesa. É a primera vez que acode á chamada de cantosnamaré.

Co seu proxecto a dúo con António Zambujo deron 28 concretos nos Coliseus de Lisboa e O Porto. Os mellores momentos deses espectáculos están incluídos no disco 28 Noites Ao Vivo nos Coliseus. Os dous xuntáronse arredor dunha mesa e un copo de viño e lograron un éxito sen precedentes, seguramente polo carácter desenfadado (descontraído) dos concertos, coma se cada un estivese na casa do outro.

Tras grandes éxitos tamén en solitario, como Crónicas da Cidade Grande ou Balada Astral, Araújo acada nesta edición de aRi[t]mar-é o segundo posto na votación de mellor tema musical publicado en Portugal en 2019: Talvez se Eu Dançasse.