Toty Sa´Med

Cantante, produtor, compositor, instrumentista autodidacta… Aos doce anos Toty Sa’Med xa facía rap, kuduro e kizomba, mentres formaba parte dun grupo de hip hop. Bebeu da MPB e da da música africana. Descubriu acordes e ritmos novos. Aventurouse no jazz, no funk e na música urbana. Hoxe é un dos artistas de culto da Nova Música Angolana, marcando toda unha xeración de creadores angolanos que exploran liñas alternativas.