Ugia Pedreira | A Pedreira

Ugia Pedreira volve aos escenarios cun espectáculo inédito de creación propia: A Pedreira.

cantosnamaré abre neste palco taberna, onde Ugia integra dous colaboradores tamén cantautores: o angolano Toty Sa’Med e o bretón Pierre-Yves Rougier. Na dirección escénica, Marina Oural; na iluminación, Alberto Casas; como técnico de son, Xurxo Pinheiro; e no deseño das imaxes proxectadas, Xavier Belho.

Chega a maré a Trobadora do Cantábrico, filla das tribos do mar. Estrea por vez primeira a súa obra en solitario neste festival da galeguía lusófona, despois de case 12 discos con diversas formacións desde aquel primeiro do 1995.

Compositora de cancións desde pícara, canta nelas e brota coa voz encentando o ar de forza vital. Obsesionada polo engarce da palabra coa melodía, realiza actualmente un traballo prosódico de excelencia donde se plasman as súas reflexións filosóficas, versos que son poemas, cancións ou spoken word.