as redes da maré están estendidas

2020 convértese á forza en ano online. En liña. En rede. maré arranca nun contexto inédito, de butacas baleiras e medidas sanitarias fronte á COVID-19.

Boa parte das actividades e concertos de maré, incluída a entrega dos premios aRi[t]mar, poderanse seguir en streaming dende a plataforma marétv.

Para o público presencial, sabemos do compromiso e responsabilidade da comunidade fiel de cantosnamaré. Reinventámonos con eles e cos novos mareantes que suban a bordo, reafirmando o noso compromiso coa transformación, a irmandade, o encontro, a creación e o desexo de vida en calquera circunstancia.

  • A capacidade máxima estará limitada nos espazos en que se desenvolverá maré, seguindo as restricións establecidas polas autoridades
  • Todas as localizacións estarán dotadas de todas as medidas necesarias para garantir a seguridade de asistentes, artistas, traballadores e demais persoal
  • Haberá instrucións pictográficas indicando os postos de desinfección, o espazo entre localidades e recordatorios sobre a distancia social
  • Os accesos e saídas estarán regulados e sinalizados para evitar o risco das aglomeracións

Esta é unha edición 2puntoeseguido0. Dixital e presencial. Punto porque hai cambio; seguido porque é a mesma viaxe. É a edición 2.0-20.

As velas da maré están despregadas. As redes de maré están estendidas.