Maré é un festival global e diverso: máis de 30 espectáculos, 4 de produción propia, 8 inéditos en Galiza e 1 estrea absoluta.
Con artistas de máis de 16 países e representación de 12 linguas diferentes.
Crisol de xéneros musicais, no Maré 26 confluirán os ritmos do jazz, do folclore, do rock, do reggae, da trova cubana, da samba, do fado, do blues ou das músicas de raíz, entre outros.
Unha aposta por tecer novos camiños comúns que nos axuden a recoñecer o mundo e atopar o noso lugar dentro del.
TODO O QUE ESTÁ POR VIR
Maré propón cinco días de concertos, encontros e experiencias sementadas polos espazos máis emblemáticos da cidade.
Como unha marea que todo o toca: o festival esténdese por prazas, salas de concertos, teatros e centros culturais co propósito de conectar Galicia co mundo. Un espazo artístico no que conflúen proxectos de raíz que cruzan fronteiras, xéneros e linguas, nun diálogo aberto coa lusofonía, as diásporas, América Latina, África ou Asia.
A CULTURA É UN DEREITO
Este principio guía cada decisión de Maré. Coñece a visión que dá sentido ao festival e os valores que o conforman.
UNHA EXPERIENCIA ÚNICA
Unha aposta colectiva por construír dende as artes un espazo de conexión, coidado e resistencia.
A música abre a conversa
Despois chegan os obradoiros, os encontros, a poesía e as colaboracións que nacen entre artistas e público.
Porque Maré aposta por unha cultura accesible e colectiva.
Mantente ao tanto
Recibe as actualizacións de Maré, novidades de programación e anuncios importantes directamente no teu correo.