A PEDREIRA
O concerto de “Basal” (2024) de A Pedreira naceu nun teatro baixo a bandeira da inclusión e da diversidade e converteuse nun animal vivo, cambiante, capaz de embelesar o Festival de Sines de Músicas do Mundo ou á sala por excelencia do rural galego, a Arca da Noe. Por primeira vez, vibrará alto na praza de Mazarelos cunha aposta contundente e poderosa acompañada dunda banda espectacular: a ferrolana Lorena Cachito na batería, o jazz do cubano Alejandro Vargas nos sintetizadores e a guitarra multiversátil de Mauricio Caruso. Fai así un debuxo do infinito no percorrido de “Basal”, álbum que estivo cargado de premios a nivel peninsular como Canción de Autora 2025 nos Premios Martín Códax da Música Galega, nominación a Mellor Álbum Galego nos premios da Música Independiente (MIN) ou nominación a Mellor Álbum Folclórico nos Premios da Academia de España. Considerado pola revista Diariofolk como un dos mellores discos de 2024 e sinalado como mellor álbum galego do 2025 polo programa de radio O Recanto do Corcovado.
A versatilidade a favor da mensaxe filosófica e orixinalmente poética da Pedreira susténtase nunha banda de improvisadores capaz de surfear a experiencia artista-público independentemente da técnica e o repertorio. As cancións brillan ceibes e transfórmanse segundo o sentir do que A Pedreira percibe entre o público.
Basal é unha experiencia libre, segura, sana para bailar, cantar, berrar, converténdose agora no brindis de Maré para celebrar a vida.