AILÁ
Ailá é unha das propostas máis frescas e potentes da nova música galega de raíz. Nacida ao redor das foliadas compostelás, a súa proposta é unha celebración da tradición dende unha perspectiva viva, festiva e colectiva. Ailá recupera cantos e ritmos do repertorio popular galego, dándolles unha nova vida sobre o escenario cunha enerxía que convida ao baile e á comunión.
En Maré, Ailá trae a forza do colectivo, a alegría do encontro e a música como espazo compartido de identidade e celebración.