FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

Al Ázar

Palestina


Al Ázar é un trío que fusiona as influencias musicais da palestina Rawan, o boliviano El Zuri e o alemán Tony. Inicialmente reuníronse para apoiar a Rawan en eventos benéficos despois dos eventos acontecidos en Palestina en outubro de 2023.

No 2024 decidiron crear esta banda, dando comezo a un proceso de experimentación e creación sonora propias, presentando o folclore árabe e palestino dun xeito contemporáneo, engadíndolle a este as súas diversas identidades.

Al Ázar cre no rol da tradición e o folclore palestino e na documentación da historia, polo que busca revivila cun xiro moderno. Ademais de reimaxinar a tradición musical, Al Ázar amosa composicións propias, ofrecendo así unha perspectiva fresca e persoal.

Despois do seu concerto, a cantautora galega SÉS actuará en formato trío.