ALA.NI

Jazz minimalista · Reino Unido

Sábado 26 de setembro · Teatro Principal

Cun florido estilo jazz minimalista como lema, a artista británica ALA.NI chega a Maré para amosarnos por que, entre os seus moitos logros, colaborou con figuras como Damon Albarn ou Mary J. Bige.

Posuída por unha voz suspendida no tempo, a elegancia outonal que exuda en cada unha das súas actuacións representa un acto emocional que desafía as etiquetas convencionais e as tendencias fugaces, tal que en “You & I” (2016), o álbum co que estendeu as súas ás como artista en solitario, construíndo unha carreira que atopa o seu pleno significado na súa conexión directa co público. Encontros cara a cara nunha experiencia maxestuosa que bebe dos ancestros mediante un halo de atmosférica condición atemporal.

Ou, noutras palabras: o meridiano preciso onde a tradición e modernidade se nutren dunha mirada bipolar que lembra tanto a Sade como a Ibeyi.