Albert Pla & The Surprise Band
Catalunya
Albert Pla and The Surprise Band chegan á cidade para proclamar unha revolta.
Alleo á obsolescencia programada e ao síndrome do artista caducifolio, Albert Pla non é un ser humano senón un mutante con capacidade infinita para a reinvención , e así o amosa de novo coa súa proposta actual e os activos de The Surprise Band.
Nela non falta o amarre de Diego Cortés, unha guitarra proverbial asignada á rumba salvaxe e proscrita pola pureza flamenca, eterna compañeira. E engádense a programación electrónica e os sons de Judit Farrés, cómplice imposible, xunto coa participación en coros, palmas, baile e tarefas diversas das rapazas de Red Garment: Cristina López e Ana Brenes. A elas hai que implementar á coreógrafa Belén Martí coma bailaora puxilista preparada para o combate. Mulleres de luz, todas elas, extraídas da máis incipiente canteira flamenca.
Con eses vimbios, o cesteiro Albert Pla pon dentro do cesto cancións do seu primeiro disco (ano 89) e outras pezas que aínda non pasaron polo estudo, creando unha proposta que soa refrescante, hilarante, vibrante e ás veces mesmo bailable. Vigorosamente sorprendente. Acorde co nome do espectáculo: «Rumbagenarios».
Xenio e figura, é un Albert «Plan Renove», sen deixar de ser o de sempre. E iso significa, unha vez máis, resultar ser realmente infalible!