Ana Lua Caiano
Portugal
A portuguesa Ana Lua Caiano presenta o seu primeiro álbum “I’m going to stay in this square”.
Ana Lua Caiano explora a fusión musical a través da combinación da música tradicional portuguesa coa música electrónica, creando melodías que remiten á tradición, nunha unión con sintetizadores, máquinas de ritmos e sons tomados da vida cotiá.
Considerada como unha “Breakthrough Artist” cos seus dous primeiros EP, Ana Lua Caiano está actualmente de xira co seu primeiro disco “I’m going to stay in this square”. A súa música foi recoñecida a nivel nacional e internacional, sendo nominada aos Premios NME e agora como “Artista Revolucionario” nos PLAY-Prémios da Música Portuguesa.
Esta xornada musical comenzará co proxecto “De não saber o que me espera”, do trío galego Nacho · Faia · LAR.