Ariel Ninas
É músico, docente e xestor cultural. Como músico é coñecido polo seu nome artístico Ariel Ninas, zanfonista en diferentes proxectos desde os que traballan coa tradición máis recreacionista (Tralo-Valo, Cantos de Cego da Galiza e Portugal) á vangarda máis experiemental (Ulobit).
Graduado en Historia da Arte e Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial. Desde o 2008 forma parte do equipo de produción de aCentral Folque, encargándose da produción de eventos e comunicación. Entre a súa actividade en aCentral Folque destaca como director e produtor do único festival internacional dedicado á zanfona que se organiza na Galiza, Zona de Zanfona (desde 2005 até a actualidade). Ademais da súa actividade regular en todas as produción d’aCentral Folque, Mauro foi solicitado para encargarse da asistencia técnica de produción en prestixiosos festivais como TradFest Compostela, Espazos Sonoros (Galiza, 2013-2016), Festival In Spiritum (Porto, 2014-2015), Festival De Lugares e Órganos (Compostela 2016).
contacto: info@folque.com