
Antía Muíño
Galiza / Euskadi
Antía Muíño é unha cantautora galega afincada en Donostia que, tras anos de militar en diferentes proxectos que basculan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, firma co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero agora a soas coa súa guitarra.
Antía Muíño é unha delicada e sedutora mestura entre a renovada canción de autor, a tradición e o pop, con evocacións que van dende o jazz ata a bossa nova cantada en galego.
O seu primeiro sinxelo, «Carta Aberta», publicado recentemente, tivo unha boa acollida entre público e crítica, chegando a formar parte dalgunhas das listas máis importantes da industria dixital. Antía Muíño tamén lle puxo a súa voz e alma a varios dos temas do novo disco de Xavier Díaz.
Na actualidade atópase inmersa na composición e gravación de novos temas e na preparación do que será o seu primeiro disco, que ten previsto lanzar cara finais deste ano.
➤ O concerto de Antía Muiño en Maré’22 será de balde.