
Barmer Boys
Rajasthan, India
Os Barmer Boys son a nova xeración de intérpretes que manteñen vivas as tradicións musicais centenarias dos manganhiars, unha comunidade musulmá asentada no deserto do Rajasthan, na India. Considerados os embaixadores mundiais do folk rajasthani contemporáneo e sufí desta zona limítrofe co Pakistán, a súa música caracterízase pola versatilidade de estilos e a enerxía que infunden a cada actuación e que inclúe o beat-boxing e sesións de DJ en vivo.
O grupo formouse no 2011 no Festival de Música do Deserto de Amarrass e fixo o seu debut internacional no 2014 cunha xira polos Estados Unidos, unha presentación no Festival de Música Mundial de Borneo e o Festival de Roskilde. O trío apareceu na MTV CokeStudio, BBC, NPR e lanzou dous álbumes aclamados pola crítica: At Home (2012) e Kesariya Balm (2017, Amarrass Records), que debutou no Top 40 das World Music Charts de Transglobal con “Bole to Mitho Lage”, tema que suma máis de 1,3 millóns de visitas no Youtube.
O trío ten realizado máis de 200 concertos en 20 países e 7 xiras internacionais, incluídos os principais festivais de Europa, América do Norte e Asia, como Roskilde (2014), Wassermusik (2015, 2017), Winnipeg Folk Festival (2015), Distortion (2015 ), Ziro Festival of Music (2015, 2017), Music Meeting (2015), Feito A Man (2015), Clockenflap Hong Kong (2015), Todo Mundo (2018), OFFest (2018), Respect (2018).
➤ O concerto de Barmer Boys en Maré’22 será de balde.