
Capercaillie Symphonic & Real Filharmonía de Galicia
Escocia
A piques de celebrar o seu 40 aniversario, a mítica banda escocesa Capercaillie mantén a súa presenza seminal na música celta contemporánea. Venerada polas súas innovacións e adorada en directo, a banda está considerada a pioneira no renacemento da canción gaélica de Escocia grazas á voz sublime de Karen Matheson e á colección de cancións herdadas da súa avoa Barra. Capercaillie ten inspirado innumerables sucesores, e o seu enfoque innovador e aberto aos arranxos e á instrumentación segue a manter unha grande influencia no actual renacemento popular escocés.
Marcando outra primicia na súa ilustre carreira, a formación integrada por Karen Matheson, Donald Shaw, Charlie McKerron, Michael McGoldrick, Ewen Vernal, Manus Lunny e David Robertson únese a James Mackintosh na batería e Sorren MacLean na guitarra para tomar o escenario do Auditorio de Galicia franqueado por todo o esplendor da Real Filharmonía de Galicia. Con novas orquestracións de Greg Lawson e baixo a dirección de Paul Daniel, a lista de temas que sonarán en Maré 22 abarcará todo o catálogo de Capercaillie, desde o seu álbum debut Cascade, lanzado no 1984, ata o último At the Heart of It All do 2013.
WITH SPECIAL SUPPORT OF

* As imaxes deste vídeo pertencen á unha actuación de Capercaillie coa BBC Symphony Orchestra.