
Catuxa Salom
Arxentina / Galiza
No ano 2020 Catuxa Salom comeza a vivir nunha aldea rural de Lugo, situada entre montañas, e é aquí onde nace este proxecto tan particular, que é o resultado de xuntar as suás raíces indíxeno-arxentinas co folklore galego baixo un envoltorio electrónico.
En pleno lanzamento do seu primeiro EP Nunha Aldea e cunha xira en máis de trinta salas e festivais, Catuxa crea nos seus directos unha atmosfera peculiar e potente que ás veces confunde, e coa que non se sabe se estás a escoitar música ou asistindo a un ritual pagano de meigas.
Tanto en solitario coa súa LoopStation, ou coa súa LiveBand (Yudit Almeida ao Contrabaixo e Lucía Cortiñas á percusión), Catuxa Salom enche coa súa presenza calquera escenario onde o público non para de bailar, viaxar e gozar en todo momento.