
Dandara Manoela
Brasil
Dandara Manoela é unha cantora, compositora, percusionista, produtora artística e cultural e educadora. Nas súas actuacións leva ao palco a MPB (música popular brasileira) de raíces afrobasileiras e influencias afrofuturistas. O seu é un repertorio autoral propio, no que fala da súa historia como muller negra e lesbiana, dos seus antepasados, da súa constante loita como artista brasileira e tamén do amor, que lles pertence ás mulleres negras.
Cunha voz doce e unha forte presenza no escenario, Dandara convida o público a sambar nalgúns momentos e noutros a emocionarse coa profundidade do que canta.
O show, aínda que en formato reducido, está musicalmente cargado de raíces brasileiras na guitarra e na percursión que acompañan a voz desta xoven artista de música brasileira contemporánea.
O seu traballo Minha Prece Ecoa aínda non foi presentado fóra do Brasil e a súa estrea internacional contará con sorpresa inéditas.
➤ O concerto de Dandara Manoela en Maré’22 será de balde.