
Dj Panko & Mû Mbana (De La Huerta)
Barcelona / Guinea-Bisáu
De la huerta é o novo proxecto de Dj Panko, un dos picadiscos máis representativos da Barcelona mestiza, e o compositor e intérprete de Guiné-Bissau Mû Mbana. Nado na pandemia, que obrigou a reducir a nosa mobilidade e con ela o ruído que emite, enfócase no rexurdir dos sons dos animais que este feito permitiu… aqueles que sempre estiveran alí.
Vivir nunha contorna próxima á natureza e dedicar tempo á agricultura inspirou a Dj Panko para construír estes temas coa fauna salvaxe, que el considera compañeiros de traballo e grandes mestres.
Cada un destes animais aparece nun momento do ano, sen facer moi ruído coa súa chegada e sen problemas de visado. Gravalos e xogar cos seus sons ten sido unha experiencia terapéutica que agora pretende compartir cos seus amigos humanos.
Para este espectáculo, o excompoñente de Ojos de Brujo e gañador dun Grammy Latino contará coa compaña de Mû Mbana, con quen comparte o amor pola natureza e a música no Parc Natural do Montseny.
➤ O concerto de Dj Panko & Mû Mbana (De La Huerta) en Maré’22 será de balde.
Dj Panko
Mû Mbana