
Fogo Fogo
Lisboa
A cidade de Lisboa que viu nacer a Fogo Fogo é vibrante e especial. É en Lisboa onde se abraza toda África, especialmente a de fala portuguesa. Lisboa, onde aínda é posible descubrir os vinilos de Os Tubarões e todas as reliquias dos autores que rexistraron a diáspora de Cabo Verde nos anos 80 e 90, e que o mundo nunca escoitou. Esta é a Lisboa que, como un volcán, expulsou a Fogo Fogo, nunha referencia á Ilha do Fogo, en Cabo Verde.
O proxecto foi creado por Francisco Rebelo (baixo), João Gomes (teclados), Edu Mundo (batería) e Danilo Lopes e David Pessoa (voces/guitarra) e representa a forza experimentada e enérxica destes músicos que teñen subido a escenarios de todo o mundo. Os cinco xuntos suman case 120 anos de carreira. Cada un deles posúe un inmenso talento, consolidado pola experiencia de moitos anos nalgúns dos escenarios máis grandes do mundo, con proxectos que se foron integrando.
Nástio Mosquito, poeta e músico angolano, escribiu sobre Fogo Fogo: “Quen lles dixo que naceran? Escoito Fogo Fogo e sinto que me pertenecen. Ser testemuña de Fogo Fogo alimenta partes de nós que estiveron ávidas de intercambio humano. É un perfume de suor que nos recorda que ter a vontade ás veces é suficiente!».