
James BKS
Francia
James BKS pertence a unha nova raza de lobos. Non aos que deambulan polos pastos das montañas europeas desde hai séculos, envoltos en mitos antigos. É, máis ben, o lobo que se instalou en África, chamado «lobo de ouro» e que encarna outra época, unha nova xeración viaxeira. A través de Francia, os Estados Unidos e África, fogar das súas raíces ancestrais, Wolves of África é o resultado dunha longa búsqueda persoal, artística e familiar, un testemuño de como atopar o propio camiño musical pode, ás veces, levar toda a vida.
A súa comeza en Francia, en 1982, pero cambia radicalmente cando a súa familia se muda aos Estados Unidos. Alí, dentro dunha prolífica escena musical, descobre a produción de hip hop xunto ao seu propio talento. Esta nova paixón lévao a traballar e a compoñer sen descanso e rapidamente logra producir instrumentais para pesos pesados como Snoop Dogg, Akon, Puff Daddy e Ja Rule. A finais dos 2000, acada o famoso soño americano e múdase a Atlanta, onde se xesta o futuro da música electrónica.
A comezos da década de 2010, a súa vontade de recuperar o control da súa creatividade musical e liberarse do xugo da industria musical, lévao a regresar ao seu país natal e montar a súa propia estrutura, Grown Kid. Dende alí realizará multitude de tarefas ligadas á produción como o desenvolvemento de artistas, marca de son, composición de bandas sonoras… Ata o día no que coñece o seu pai biolóxico, o famoso Manu Dibango.
Grazas a unha tormenta de eventos que hai quen chama “destino”, pouco a pouco forma un vínculo co seu pai, coma nun lento e reflexivo viaxe de regreso ás súas raíces. Tras este encontro, a visión musical de James BKS dá un xiro. Sumérxese na cultura Douala, nos ritmos bulu e incluso bikutsi. Formado por estas influencias musicais acabadas de descubrir (e o seu transfondo pop), o seu novo álbum terá gran difusión na cultura africana.
No 2017, James BKS compón a canción «Kwele», baseada no sample do “Senga Abele” gravado polo seu pai no 1990. «Kwele» será a primeira pedra do edificio musical que é Wolves of Africa. James BKS segue disposto a traballar cunha amplia gama de artistas de renome e conexións musicais. En «New Breed» logra reunir o lexendario produtor e rapeiro Q-Tip, así como a Idris Elba e Little Simz. O mesmo ocorre coa súa canción «King», na que conta con Royce Da 5’9”, considerado un dos mellores rapeiros estadounidenses vivos.
Levado por valores profundos e o desexo de deixar unha pegada positiva para as xeracións futuras, este álbum conta unha historia sincera de transmisión, linaxe e herencia. Pero transmisión tamén é sinónimo de apropiación. En Wolves of Africa James BKS fusiona a tradición musical con ritmos electrónicos que se atopan no continente africano. Reúne guitarras malienses, baixos de Nixeria, coros femininos e instrumentos de metal congoleños. Cada son fai eco na modernidade, como as pistas «Kusema» e «Mambo Ma’Mala», que encarnan a fusión da tradición africana e a tecnoloxía contemporánea.