
Malandrómeda
Galiza
Malandrómeda é unha banda de rap impuro e malcabido. Cun estilo afiliado ao activismo hip hop, no seu imaxinario caben todas as rutinas diarias do acervo popular galego. Tabernas, feiras, caldo, chuvia… forman parte dun modus vivendi que Malandrómeda redimensiona traendo o rural-local ao presente.
Levan desde 2005 cantando para as súa veciñas da bisbarra santiaguesa. O seu díptico composto por Cada can que lamba o seu carallo e Os corenta e oito nomes do inimigo, dous elepés cantados en galego, chegaron a ser considerados mellores discos do ano 2016 pola reputada publicación Rockdelux.
Nos últimos dous anos, Malandrómeda sacaron 4 EPs (Animais de Feira, Santo Amaro, No inferno das ideas e Rapeiradas), e en Maré 22 estrearán algúns temas do seu novo repertorio que pronto verá a luz.