
Maruja Limón
Catalunya
Maruja Limón, o quinteto feminino de flamenco fusión, presenta o seu terceiro traballo discográfico: Vidas (Satélite K, 2022). Un traballo cargado da enerxía, a intensidade e alegría que as caracteriza. O flamenco, a rumba, o pop, os ritmos latinos e urbanos mestúranse con madureza e potencia con letras que conforman un conxunto de voces e de vidas que contan as súas realidades. Historias que habitan nos nosos barrios, cidades ou pobos, no día a día de cada persoa, expoñendo os seus presentes, pasados e posibles futuros.
Vidas é a continuación de Más de ti (Kasba Music, 2018) e Ante Mí (Kasba Music, 2019). O seu álbum debut valeulles o premio á Mellor Artista Emerxente no Premis ARC 2018. Á súa vez, o seu segundo traballo discográfico foi nominado como Mellor Álbum de World Music e Fusion nos Premios MIN 2020.
Con máis de 200 concertos, o quinteto de Barcelona ten conquistado os escenarios de prestixiosos festivais de Europa e España, como Trans Musicales (Francia), Eurosonic (Holanda), Sziget Festival (Hungría), Sudwave Arezzo (Italia), Maré de Agosto (Portugal), Festival Actual, Festival Cruïlla, Pirineos Sur, Festival de los Sentidos, MMVV, Guitar BCN ou Festival Bioritme, entre outros.