
Mauricio Caruso
Brazil
Na súa diversidade musical, o guitarrista e compositor Mauricio Caruso, formado na Universidad de São Paulo, iniciou nos últimos dous anos unha investigación sobre compositores de guitarra de enorme relevancia na música brasileira de principios do século XX. Músicos estes que utilizaron elementos da música popular de distintas rexións do Brasil e elementos da natureza e da súa cultura rexional. Entre eles están Villa Lobos, Garoto, Guerra Peixe, João Pernambuco, así como Astor Piazzolla (Arxentina) e Leo Brouwer (Cuba).
Curiosamente, trátase de tres países moi vinculados con Galicia nos intercambios migratorios, a terra na que agora vive Caruso, interpretanado coa guitarra clásica en formato solista pezas dos citados compositores, coa herdanza dos distintos camiños percorridos en distintas formacións e colaboracións artísticas.
O seu é un repertorio que conta co tránsito de elementos populares das culturas latinoamericanas, levados a salas de concertos de todo o mundo, contribuíndo a espallar a cultura destes países noutros espazos. Na actualidade, Caruso segue a traballar en diversas formacións, ademais do seu trío co que acaba de gravar novo álbum, Atravessia, no dúo O Intre, co bielorruso Vadim Yuchenich ao acordeón, e no dúo Caminhos cruzados con Carmen Ferreiro na frauta.
➤ O concerto de Mauricio Caruso en Maré’22 será de balde.