
Orquestra Voadora
Brasil
A Orquestra Voadora é a brass band carioca que revolucionou o concepto de fanfarrias no Brasil. Hai 13 anos cambiou a forma de tocar na rúa: modernizou o repertorio, introduciu novos instrumentos de percusión e unha actitude rockeira nas súas actuacións.
O seu famoso «bloco» de carnaval, formado por máis de 300 instrumentistas de vento e percusión cunha ampla presenza de artistas circenses, ten reunido máis de 100 mil persoas no parque do Aterro do Flamengo de Río de Xaneiro.
Falar da Orquestra Voadora é falar dunha cidade. E dun tempo. Dun tempo no que o Río decidiu redescubrirse e explorar os seus espazos abertos e colectivos. E comezou a se reinventar, reocupando as rúas con música, espontaneidade e fantasía.
A Orquestra Voadora é unha referencia da cultura carioca, é o pulso do Río de Xaneiro, unha banda de rúa, un «bloco» de carnaval e unha oficina musical a ceo aberto. É unha escola de xolda e loita. É o pasado reinventado. É Fela Kuti mesturado con Tom Jobim.
Mais a Orquestra Voadora é tamén o tempo presente. Tempo de reconstrución pospandemia. Da volta gradual ás rúas, do retorno aos palcos, do reencontro co público, levando consigo o aprendizaxe adquirido durante a corentena.
A Orquestra Voadora é o Río de Xaneiro, mais tamén é o Brasil. Aquel Brasil que bebe en todas as fontes sen prexuízos, que ten sede de cultura e que celebra a riqueza da súa música. O Brasil da xente que ama o carnaval.
➤ O concerto de Orquestra Voadora en Maré’22 será de balde.