
Paula Grande
Catalunya
«Son filla dunha charnega e un charnego, a primeira catalá da miña familia. Neta dunha avoa e dun avó que migraron de Extremadura a L’Escala, na Costa Brava, a finais dos anos 50, e que aínda son vistos como forasteiros, polos demais e por elas mesmas. Neta tamén dunha avoa que foi nai solteira a principios dos 50, e que emigrou a Venezuela soa cun fillo pequeno, o meu pai. Teño unha identidade creada como expresión do vivido e con alegría e orgullo presento o meu novo disco D.O.’s (denominación de orixes)».
Unha denominación de orixe é unha clasificación que determina se un produto é orixinario dun lugar concreto, certificando unhas características exclusivas dunha zona cos factores naturais ou humanos inherentes a ela, dándolle ao produto unha marca de valor e exquisitez.
Con D.O.’s (denominación de orixes) Paula Grande fálanos desas persoas que teñen unha historia de vida que non proporciona un status social, que socialmente non se entende como sinónimo de calidade e que, lonxe de abrir mercados, vai pechando portas, unha detrás da outra.
D.O.’s (denominación de orixes) preséntase coa sinxeleza dun formato a trio que, a través da linguaxe do rap e os ritmos afrolatinos, unhas melodías bailables e unhas letras que explican historias reais e palpables, permiten aos demais recoñecerse no orgullo e a festa da loita.
➤ O concerto de Paula Grande en Maré’22 será de balde.