
Pietá
Brasil
Transitando por diferentes ritmos e temáticas, o repertorio maioritariamente autoral revela o interese deste trío por exaltar a produción da música popular brasileira contemporánea para facela accesible a todos os públicos.
Formada do encontro entre os artistas cariocas Frederico Demarca e Rafael Lorga coa natalense Juliana Linhares, a banda mestura estudos de teatralidade coa creación de música e shows, nunha procura de sonoridades que conxugan tradición e cotemporáneo.
Desde o 2011 até hoxe, Pietá pasou polos principais escenarios de Rio de Janeiro, ademais de ter realizado shows nos estados de São Paulo, Bahía, Ceará, Minas Gerais, Pernambuco, Rio Grande do Norte, Paraná e Santa Catarina.
Neste 2022, a banda cumpre 10 anos de vida e prepárase para a súa primeira xira europea nos meses de setembro e outubro, mentres preparan novo traballo. Para celebrar esta data redonda, a banda ten preparado o espectáculo Nasci no Brasil, que une os repertorios dos seus dous discos, Leve o que quiser e Santo Sossego e incluirá algunhas sorpresas do que está por vir, novas composicións e camiños. O concerto contará con colaboracións especiais de artistas que fan parte da historia de Pietá.
En Maré 22 cantarán o «fogo» que supón ser brasileiros, mesturado coa poesía que forma parte da esencia deste pobo, máis aló das influencias da samba e de todas as fusións musicais tan características do traballo de Pietá.