
Pongo
Angola
Desde o seu impacto internacional a través do éxito de grupos como Buraka Som Sistema, a influencia do kuduro contemporáneo de raíces angolanas ten medrado exponencialmente no espectro da música de baile.
Pongo representa as posibilidades do kuduro no noso tempo, unha reencarnación do xénero capaz de invadir os clubs e listas de éxitos de todo o mundo.
Pongo acaba de publicar Sakidila, un primeiro disco composto por produtores de primeira clase como BGRZ, (Damso, MHD, Angélique Kidjo), LazyFlow (Vladimir Cauchemar, Kiddy Smile, Gala, Disiz La Peste…), King Doudou (PNL, J. Balvin, Bad Gyal…), Dj Tony, Thomas Broussard y Meryl, co-compositora de So Amor.
Unha fusión de kuduro, afrobeats, favela funk e mesmo afrofunk que demostra un esforzo continuo por combinar xéneros e linguas como método para derribar barreiras culturais e que marca o ton do seu álbum de debut: música potente e aditiva para animar calquera festa e encher as pistas de baile.
Sakidila significa «grazas» en kimbundu, unha das linguas de Angola, e toma forma como un ouveo saído do corazón da artista, unha celebración do seu primeiro proxecto, este álbum que transmite unha fusión festiva de kuduro, afro beats, favela funk e afro funk.
No 2019 publicou o seu primeiro EP titulado Baia no que xa daba pinceladas dun son innovador: unha fusión progresiva de kuduro que foi mutando, inspirándose en novos estilos de África e outros lugares, como o amapiano, baile funk e shatta, entre outros. Desde entón, a súa voz sempre potente e rítmica, mais tamén fráxil e sensible en ocasión, estivo a nos guiar cara ao seu universo cativador.