
Saya
Palestina
Saya autodefínese como unha artista multipotencial, investigadora musical e activista antirracista. DJ multixénero, influenciada pola súa orixe palestina e os diversos mundos culturais e artísticos que a rodean. As súas sesións están marcadas por ritmos e sons de raíz, con xéneros que van desde os afrobeats á electrónica experimental árabe, kuduro, batida, gqom, ou amapiano. Nelas, crea un espazo de coidados, resistencia e celebración das disidencias, e recórdanos que a loita antirracista tamén é posible a través da música.
➤ O concerto de Saya en Maré’22 será de balde.