
TanDub
Galiza / Marrocos
TanDuB é un proxecto que fusiona a música tradicional Gnawa (Norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como o reggae, o drum & bass ou a electrónica.
Mesturando instrumentos clásicos dunha banda, a electrónica e instrumentos tradicionais marroquinos, como o hajhouj ou as carcabas, TanDuB acadan un son que non deixa indiferente a ninguén.
O proxecto musical compleméntase durante os concertos con pintura en directo a cargo dun dos cantantes. Os seus compoñentes son músicos con raíces moi dispares (folk, rock, blues, electrónica), que proveñen de grupos como Lamatumbá, Dar Gnawa, Coanhadeira, Kondios ou Tabú, e con experiencia en multitude de palcos.
TanDuB está integrado por Abdeljabbar El Gourd (voz, hajhouj e krakebs), Antón Piñeiro Couto (voz e ilustracións en directo), Carlos “ Puntxa” González Rivera (electrónica, percusión e coros), Antonio Iglesias Fernández (baixo e coros), Román Puga Quintairos (Guitarra e coros) e “Kinhos” Saburido (Batería e percusións). Residen en Ourense e foron gañadores do Premio Millo Verde 2019, do Concurso Estudios Mans 2021, segundos nos Premios Narf 2021, e gañadores do Concurso de Bandas de Cuac FM 2022.
➤ O concerto de TanDub en Maré’22 será de balde.