Azul Ferreira
Galicia
Azul Calviño Ferreira é unha artista nada en Galicia o 20 de outubro de 2000. Sempre viviu rodeada de música; nas viaxes xa escoitaba de todo, dende U2 ata Peter Gabriel, pasando por David Bowie e ata Miguel Bosé.
Antes de aventurarse nunha nova vida en Madrid, aos 18 anos, Azul participou en espectáculos como Got Talent aos 15 anos, conseguindo avanzar á segunda fase. Porén, decidiu marchar para non asinar un contrato que a vinculase a unha etiqueta sen poder ter libre decisión e opinión. Durante o directo rexeitou o contrato e retirouse ao hotel, levando consigo unha lección de vida: nunca deixaría de loitar ata conseguir o seu soño.
Na actualidade, está co-producindo xunto con Malax os seus temas e preparándoos para lanzar o seu primer álbum, cun gran apoio detrás, como Xavier Novaes e MADRERECORD.
Despois do seu concerto, o catalán Albert Pla actuará coa The Surprise Band.