Bia Ferreira
Brasil
Bia Ferreira é unha cantante, compositora, multiinstrumentista e activista brasileira. Presenta o seu novo disco, Faminta, en formato trío, xunto a Marcelo Araújo (batería e percusión) e Priscila Azevedo (teclados e acordeón).
A súa música, que ela define como «MMP — Música de Mulher Preta», trata temas como o feminismo, o antirracismo e a homofobia. Cun estilo afrodiaspórico, agrega referencias de África con ritmos como a samba, o soul, o R&B, o reggae, mentres que liricamente empurra aos seus oíntes cara á incomodidade, que xera «movemento» ou acción. As súas letras foron descritas como «escrevivência», un termo que usa Conceição Evaristo para «contar as nosas historias dende as nosas perspectivas».