
Brinkadelia Troupe
Galiza
Unha explosión de son e enerxia positiva, unha reacción en cadea que ameaza con sacudir a mecánica dos corpos cun forte “boom” de ritmo triturador e boa vibra.
Dunha estirpe de músicos das terras da Limia (Ourense), chega o señor Brinkas encabezando este proxecto. Despois dunha traxectoria de vinte anos (Festicultores, Son da Rúa) repartido música polo mundo adiante, toca recoller esas experiencias e transmitilas neste formato que fusiona o rock co ska-reggae e a música balcánica.
Brinkas é o cantante e letrista, un frontman con amplia experiencia que conta con colaboracións con músicos de renome como Manu Chao, o músico portugués Daniel Lança ou o cineasta serbio Emir Kusturica e a súa banda No Smoking Orchestra.
Neste proxecto ven acompañado por destacados músicos do panorama galego, como Aitor García (teclados), Ginés Guerra e Esteban Barcia (trombóns), José Hermo (guitarra), Pepe Noya (baixo) e Nolo Chazo (bateria). A banda compostelana ven de publicar o seu primeiro traballo en estudio, un disco que leva como título “Ritmo Triturador”.