Camille & Matthieu Saglio
Jazz europeo · Francia
Sábado 26 de setembro · Igrexa da Universidade
Os irmáns Saglio debuxan neste proxecto común un espazo de encontro entre os seus ricos universos. Un novo territorio musical a percorrer xuntos a través do son polifacético do violonchelo de Matthieu e a voz magnética de Camille.
Creadores dunha linguaxe única chea de sensibilidade, mesturan acentos orientais, do jazz e do blues; con letras en inglés, bambara, francés e español. Unha invitación ao público a mirar cara dentro, a viaxar ás profundidades do interior coa guía melodiosa e cómplice dos dous irmáns.