CASA DAS CRECHAS

A Casa das Crechas leva décadas sendo espazo de encontro, escenario improvisado e fogar para artistas locais e internacionais. Aquí a tradición é presente, e o presente bebe da tradición con naturalidade e liberdade.

En Maré, as Crechas convértense nun espazo esencial para acoller concertos de raíz, sesións espontáneas e encontros que non caben no programa, pero que sempre acaban acontecendo. Aquí a cultura non se exhibe: vese, escóitase, celébrase. É un lugar onde a música se dá sen pedir permiso, e se recibe sen formalidades.

MÉRCORES 24.09

XOVES 25.09

VENRES 26.09

DOMINGO 28.09