CLARA CANTORE
Clara Cantore é baixista, compositora e cantautora arxentina que leva anos abrindo camiños cunha proposta singular: reinterpretar a música de raíz latinoamericana co baixo como instrumento solista. Cunha formación que abarca o tango, o folclore e a música clásica, a súa sonoridade destaca pola profundidade harmónica e pola capacidade de emocionar dende a sutileza.
Con discos editados, colaboracións internacionais e xiras por América, Europa e Xapón, Clara constrúe unha obra que mestura lirismo, virtuosismo e compromiso, onde o baixo non só acompaña, senón que conta, respira e dialoga coa voz.
En Maré presenta un repertorio íntimo e expansivo, onde tradición e innovación van da man para celebrar a diversidade sonora e poética do sur global.