CONDICIÓNS XERAIS

A adquisición das entradas e/ou reservas para calquera actividade do Festival MARÉ 2025 implica a aceptación das seguintes condicións:

  1. Obxectos prohibidos

    Non se permitirá o acceso ao recinto con alcol, substancias ilegais, armas nin obxectos perigosos.

  2. Dereito de admisión

    A organización resérvase o dereito de admisión segundo o disposto pola Lei de Espectáculos Públicos vixente.

  3. Entradas nominais

    As entradas son nominais. Será obrigatorio portar DNI ou documento identificativo válido.

  4. Medidas sanitarias

    O festival celebrarase conforme ás condicións establecidas polas autoridades sanitarias na data do evento.

  5. Prohibición de acceso e permanencia

    Poderá ser denegado o acceso a persoas que:

    – Estean baixo os efectos do alcol ou drogas.

    – Porten armas ou obxectos perigosos.

    – Provoquen altercados ou inciten á violencia.

  6. Acceso con antelación

    Recoméndase chegar aos espazos con, polo menos, 30 minutos de antelación.

  7. Validez da entrada

    Entradas rotas, manipuladas ou falsificadas anularán o acceso ao evento.

  8. Pérdida ou roubo de entradas

    A organización non se responsabiliza polas entradas extraviadas ou roubadas.

  9. Modificacións de programación e aforo

    A programación e aforos poderán sufrir cambios en función das normativas sanitarias vixentes.

  10. Protocolos COVID-19

    A organización poderá impedir o acceso a persoas con síntomas compatibles con COVID-19 ou contaxiadas, aplicando os protocolos necesarios e garantindo a privacidade da persoa afectada.

  11. Gravacións e retransmisións

    Está prohibida a gravación ou retransmisión do evento con equipos profesionais sen autorización expresa.

  12. Uso de imaxe

    As persoas asistentes poderán aparecer de forma incidental en imaxes e vídeos captados para uso promocional ou documental do festival, sen dereito a contraprestación.

  13. Protección de datos

    En cumprimento do RGPD, os datos facilitados durante o proceso de compra serán xestionados por Nordesía Produccións S.L. unicamente para a organización do evento e durante un máximo de 3 meses.

  14. Canles de venda oficiais

    Só serán válidas as entradas adquiridas a través das canles oficiais autorizadas polo festival.

  15. Devolución por aprazamento ou suspensión (forza maior)

    En caso de aprazamento ou suspensión por causa de forza maior, será reintegrado o importe da entrada.

  16. Acceso de menores de idade

    – De 0 a 12 anos (inclusive): entrada gratuíta, agás en eventos con localidade asignada.

    – Menores de 16 anos: deben acudir acompañados/as dun adulto responsable.

    – De 16 a 17 anos: poderán asistir sós, pero deberán entregar fotocopia do DNI propio e do/a titor/a, xunto cunha autorización asinada no momento de acceso.

    – O incumprimento destas condicións poderá supoñer a expulsión do recinto.