FESTIVAL DE ARTES E MÚSICAS ATLÁNTICAS

Convocatoria para propostas de showcase e participación en sesións de mentoring, pitching e networking

Prazo de presentación: ate o 12 agosto

English version→

A V edición do Festival MARÉ celebrase en Santiago de Compostela do 25 ao 29 de setembro, co obxectivo de catalizar os vínculos culturais de Galiza co mundo, que van desde as conexións musicais ás lingüísticas, pasando polas emocionais, históricas e simbólicas.

Máis de 30 bandas e 200 artistas de máis de 10 países expandirán a diversidade de culturas, músicas e línguas por diferentes espazos da cidade.

Como novidade, nesta edición contaremos con perto de 20 programadores internacionais de máis de 10 países que asistirán ao festival para coñecer artistas, profesionais e empresas musicais, dentro da programación da rede europea MATE que conecta Compostela con Tesalónica en Grecia e Coimbra en Portugal.

MATE programará dentro do Festival MARÉ diversas actividades para propiciar a presentación de proxectos musicais en showcases e sesións de pitching, mentoring e networking. 

Se eres unha banda/artista, profesional ou empresa musical e estás interesado en presentar o teu proxecto frente a programadores internacionais debes aceptar todas as condicións e termos das bases legais, así como as decisións tomadas pola organización sobre a súa aplicación e interpretación. 

As seguintes bases corresponden á convocatoria de artistas/bandas e empresas que queiran presentar o seu proxecto no programa de showcases e nas sesións de pitching, mentoring e networking que terán lugar entre o 25 e o 29 de setembro de 2024.

Bases da convocatoria

Os showcases son concertos promocionais diante de programadores e público xeral. A organización seleccionará as propostas seguindo criterios de calidade, solvencia e capacidade de distribución. A organización negociará co artista/banda/empresa as condicións económicas e técnicas da súa participación.

A sesión de mentoring é unha xuntanza con un profesional que analizará o teu proxecto musical e che ofrecerá a súa visión, suxestións e ferramentas para levalo a un nivel superior. 

A sesión de pitching é unha presentación do proxecto, de 5min de duración, ante todos os programadores (preferiblemente, en inglés). 

A sesión de networking é un encontro distendido cos programadores.

A inscripción nesta convocatoria supón a aceptación das bases e confirmas a túa dispoñibilidade para realizar as actividades do 25 ao 29 de setembro de 2024. 

A presentación das propostas realizarase enviando un email a mate@nordesia.com completando toda a información solicitada no FORMULARIO e deberá aceptar que MARÉ / MATE poida distribuir o material e a información aportada nesta convocatoria, con fins exclusivamente promocionais.

Participa


A convocatoria para presentar as propostas estará aberta ate o 12 de agosto de 2024.

O formulario xa non está dispoñible. | The form is no longer available.

logo nordesía
logo jau
Logo CIM
Jacc logo
Principal Pro logo
logo ministerio de cultura
logo plan de recuperación
logo financiación UE