Coro da Ra
Galiza
O Coro da Ra foi fundado no ano 1993 polo que é o seu director desde entón, Ramón Bermejo. Está formado por 45 voces mixtas, a maior parte delas cantantes amateurs, pero tamén conta nas súas filas con grandes profesionais da escena musical galega.
O seu repertorio céntrase na música popular moderna, sobre todo en estilos como o soul, o gospel, o jazz, o rock, o pop, a música brasileira e a música étnica.
O Coro da Ra levou os seus espectáculos ás rúas e prazas de moitas vilas galegas nos seus coñecidos “concertos comando”, pero tamén adoita actuar nos grandes teatros e escenarios de Galicia. No ano 2022 levou o Premio Martín Códax da Música na categoría de coros. En decembro do 2023 celebrou o seu 30 Aniversario no Auditorio de Galicia.
CONCERTO GRATUÍTO