CRUZ LÓPEZ

Filóloga especializada no deseño e xestión de proxectos culturais, conta cunha ampla traxectoria no sector editorial, audiovisual e na produción de eventos. No ámbito do libro, asinou en (co)autoría varias obras no eido da lexicografía galega e da literatura infantil e foi xerente da Asociación Galega de Editores. No sector audiovisual dirixiu o Certame Audiovisual Internacional Liceo de Vilagarcía e xestionou a creación e contidos da plataforma GaliciaLe (Biblioteca de Galicia).

Ao longo da súa carreira impulsa e dirixe iniciativas coma o Festival Internacional de Títeres de Vilagarcía, a Feira do Vento, Realiméntate ou o Mercado da Imaxe, entre outras.

Na actualidade asesora á Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura) na planificación e desenvolvemento do programa de actividades e dirixe a comunicación do festival Galicia Clarinet Fest.