Cuba canta en Maré
SON CUBANO & JAZZ · CUBA
Sábado 26 de setembro · Sala Capitol
Cuba, inesgotable potencia musical do Caribe, farase oír no Maré 26 a través do espectáculo “Cuba canta en Maré”: unha viaxe polas paisaxes sonoras da illa a través dos músicos cubanos Alejandro Vargas, á fronte do seu Trío, e Reynier Aldana, coa súa homenaxe ás lendas do Buena Vista Social Club. Unha noite coral que contará con artistas convidadas que engadirán unha nova dimensión ao repertorio: a gran voz de Lindiana Murphy, a nova trova de Frank Delgado, a forza de David Álvarez -de Juego de Manos- xunto a Loidis Taboada ou a enerxía de Wöyza e Rafael Briseño.
Un proxecto no que a diáspora musical cubana en Galicia celebra o encontro cultural a través dos ritmos do jazz, da salsa ou do son cubano.