imagen de da cruz

DA CRUZ

Da Cruz é un proxecto musical que rompe fronteiras desde o son, o corpo e a palabra. Liderado pola vocalista brasileira Mariana Da Cruz e o produtor suízo Ane H., este dúo transnacional habita un territorio propio onde a música é ao tempo festa e denuncia, resistencia e gozo.

A súa proposta funde electrónica, funk carioca, afrobeat e dub cunha contundencia que non deixa espazo para a indiferenza. As letras, en portugués e inglés, lanzan mensaxes directas contra o racismo, o colonialismo e a desigualdade, mentres os beats fan imposible quedarse quieta. A súa música baila con rabia e celebra con consciencia.

Con varios discos editados e presenza en festivais de todo o mundo, Da Cruz chega a Maré como un torbellino de enerxía política e sonora. Porque ás veces, o baile tamén é trincheira. E eles o saben ben.

SÁBADO 27.09

Sala capitol | 00.15