David Regueiro Trio feat. Thomas Kretzschmar
Gypsy jazz · Galicia e Francia
Xoves 24 de setembro · Casa das Crechas
Tras compartir escenario en prestixiosos festivais en Francia e experimentar unha conexión artística única, o guitarrista galego David Regueiro, recoñecido como unha das figuras máis destacadas do gypsy jazz na Península Ibérica, e o violinista francés Thomas Kretzschmar, unen o seu talento nun novo proxecto.
A súa proposta promete unha viaxe musical na que o público poderá sentir a maxia emocional do mellor jazz manouche.
Están acompañados polos destacados músicos Gonçalo Mendonça, guitarrista lisboeta e Juyma Estévez, contrabaixista galego, que completan este distinguíbel cuarteto.