DE ZEMAMBIQUO A ZIGALA: CHENY WA GUNE + A PEDREIRA
Domingo 27 de setembro · Sala Capitol
Cheny Wa Gune e A Pedreira recollen o temón dunha histórica viaxe transoceánica iniciada polo mestre Narf, facendo da memoria non un lugar de chegada, senón unha semente para continuar creando. Máis que unha homenaxe, é un renacemento. Un espectáculo salvaxe, enérxico e celebrativo que pecha Maré 2026, onde Galicia e Mozambique volven encontrarse nun mesmo pulso.
Nesta nova travesía, Cheny Wa Gune chega acompañado por Altenor Massangai e Kelvin Massangai uníndose á banda da Pedreira con Alejandro Vargas, Mauricio Caruso e Lorena Cachito, nunha formación que volve tender pontes musicais entre Galicia e Mozambique.
De Zemambiquo a Zigala nace desa memoria colectiva e transforma a pel. As creacións de A Pedreira e Cheny Wa Gune, alimentadas polas súas respectivas tradicións e universos contemporáneos, converxen revelando profundas afinidades rítmicas, melódicas e emocionais.