DJ MIL

DJ e produtor | Galicia

Sábado 26 de setembro · Casa das Crechas

Funk, disco, world music e ata música popular galega é o que nos presenta este emblemático deejay compostelán. As súas actuacións están cheas de enerxía contaxiosa, músicas e universos sonoros únicos con toda a arte dos que saben e aprenderon nas rúas da vella escola. Os seus pratos acompañaron propostas tan variadas coma as de Sumrrá, Comando Katana, Wöyza, García Mc & Nación Quilombo, Rugged Man ou Mucho Muchacho.

Na actualidade, forma parte de LUMEDOLOOP e é habitual velo picando discos e remexendo beats en festivais e salas do país, por todo o estado e noutros países como Inglaterra, Suíza ou Portugal.

Entrada de balde