Djiiva (M.O.V.E.)

Música, movemento e conexión | Galicia

Sábado 26 de setembro · CSC Maruxa e Coralia

M.O.V.E., acrónimo de «Mover Organicamente a túa Enerxía Vital», é un método orixinal creado por Marise Cardoso que transforma a música en directo nunha experiencia participativa de movemento, presenza e conexión de grupo.

Dirixido por un DJ set e unha facilitación somática, o M.O.V.E combina a enerxía interxeracional e comunitaria dunha celebración colectiva —na que diferentes corpos, idades e traxectorias se atopan ao mesmo ritmo— coa profundidade dunha meditación en movemento.

Inspirado en prácticas como 5Rhythms, Ecstatic Dance e as meditacións activas, M.O.V.E estrutúrase ao redor de tres piares: selección musical transcultural, progresión somática guiada e ferramentas de integración grupal.

Entrada de balde