Djiiva

DJ Set | Brasil

Sábado 26 de setembro · Praza de Mazarelos

A proposta de Djiiva é unha mestura electrizante de ritmos brasileiros, africanos, latinos, funk e electrónicos. Unha paisaxe sonora creada para facer da pista de baile unha celebración sen fronteiras.

Con máis de dúas décadas de experiencia en escenarios internacionais, cada unha das súas sesións é unha viaxe sonora envolvente que invita a bailar, a conectar e a despertar a través dunha música que lle fala tanto ao corpo como ao espírito.

Entrada de balde