Don Letts
Inglaterra
Don Letts é unha lenda indiscutible do mundo do cine e da música, toda unha autoridade no mundo do punk, e, máis tarde, do reagge. Letts, que foi amigo persoal de Bob Marley, foi unha figura chave á hora de introducir ao grupo The Clash na exploración dos sons xamaicanos, e crear así un factor diferenciador no punk británico.
Os días de Don como DJ comezaron accidentalmente cando lle pediron que tocara no Roxy Club (o primeiro local de punk rock en directo do Reino Unido) en 1977. Nese momento non había discos punk británicos para pinchar, xa que aínda non se fixera ningún aínda. Así que Don tocou o que lle gustaba: un reggae serio. Con sorte para el, aos punks gustoulles, e esta mestura deu lugar á «festa punky-reggae».